Thursday 02 de May de 2024

Vimianzo habilita unha liña telefónica para prestar o servizo de atención psicolóxica á veciñanza


O Concello de Vimianzo impulsa unha liña telefónica para
prestar o servizo de atención psicolóxica á veciñanza. Este número será o 673 427 498. As persoas teñen garantido o
anonimato, e este servizo será de balde.
Ante a aparición dun brote epidémico dunha enfermidade infecciosa como o
COVID-19, as autoridades sanitarias e gubernamentais deben tomar medidas que
limiten ao máximo a propagación da enfermidade e preocuparse por todos os
aspectos derivados desta epidemia, que pode afectar a diferentes áreas da saúde.
Cada persoa reacciona de modo diferente a situacións estresantes. A situación de
confinamento que estamos a vivir supón distanciamento social e aillamento, polo
que as persoas poden experimentar ansiedade, preocupación ou medo.
Por iso, o Concello de Vimianzo decidiu habilitar unha liña de teléfono para o
tratamento destes casos. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destaca que
“é moi normal presentar un cadro deste tipo nunha situación de confinamento.
Tratemos de normalizalo o máximo posible, porque non é algo raro nin algo
anómalo. Poñemos a disposición das nosas veciñas e veciños este número de
teléfono, porque ademais de coidarse físicamente, tamén se hai que coidar a nivel
mental”, destaca a rexedora.